martes, 1 de noviembre de 2016

Onte se celebrou o 3º Certame de Curtas D-Medo no Concello de Barro, nunha velada nun marco incomparable e terrorífico, que contou coa participación dun quinteto de vento, e onde, ademáis da proxección das curtas, se realizou un concurso de calacús.

Nesta edición participaron 16 curtametraxes cunha calidade excelente, cheas de ideas innovadoras, e dun alto nivel técnico.

Os premios foron os seguintes:

A SELECCIÓN DO XURADO:

1º PREMIO PARA   “UMBRA” CON 300 €
2º PREMIO PARA: “SER OU NON SER” CUN TELÉFONO, 4 CARGADORES INALÁMBRICOS E 4 CHAVES  USB
3º PREMIO PARA ”NOITE ESCURECIDA” CON 5 PASES PARA AS TERMAS DE CUNTIS
4º PREMIO PARA ”ATAQUE ZOMBI” CUN  VALE DE 75€ PARA COMPRA NOS SUPERMERCADOS FROIZ
5º PREMIO PARA “FÍO”CUNHA CEA PARA LEVARPARA 5 PERSOAS NO BAR A FONTE

PREMIO DO PÚBLICO:
PARA “TERRORES NOCTURNOS” CON 5 TABLETS.


Gracias a todos os participantes, que realizáchedes un traballo moi bo! Agardamos poder contar con todos vos o próximo ano.



No hay comentarios:

Publicar un comentario