martes, 18 de octubre de 2016

Sube a túa curta


Para participar no concurso de curtas D-medo comparte a túa curta a través de Dropbox con: festival.d.medo@gmail.com nunha carpeta co nome da curta e o teu nome ou o do teu grupo. 


Deixamos aquí unha pequena explicación, para as persoas que queiran participar no concurso  "D-Medo" de como crearse unha conta de Dropbox e como facer unha carpeta compartida. 

Recordade que tamén podedes entregar as curtas na OMIX de Barro, no seguinte horario: luns, mércores, venres e sábados de 9:00 a 14:00 e martes e xoves de 16:00 a 21:00.

Os martes pola tarde, e sábados pola mañá, teredes na biblioteca titorias para resolver calquera dúbida técnica.

A data límite de entrega da curta é o venres 28 de outubro ás 14:00h.

Máis información no 986714806.





No hay comentarios:

Publicar un comentario